É o único alimento que ten todos os nutrientes que o recentemente nado precisa para o seu crecemento e desenvolvemento, e ademais, está adaptado ás características dixestivas e metabólicas do lactante.

Permite o achego idóneo de hidratos de carbono, proteínas, graxas, minerais e vitaminas, xunto con hormonas, encimas, anticorpos, factores de crecemento, etc que lle dan un valor especial e o fai moi superior aos leites de fórmula.

É un alimento vivo que cambia cronoloxicamente, variando a composición en función da idade do bebé.

Posúe substancias que inhiben as bacterias patóxenas, así teñen máis resistencia fronte a diferentes infeccións (respiratorias, otite, gastroenterite). Isto é moi importante para os bebés nacidos con baixo peso.

Contén oligosacáricos que axudan ao crecemento das bifidobacterias contribuíndo ao desenvolvemento da flora normal intestinal

Ten bacterias probióticas (as chamadas bacterias amigas, porque axudan a que non medren as patóxenas)
Desempeñan un papel destacado na colonización inicial da flora intestinal

O leite materno dálle inmunidade pasiva ao neno e estimula a formación do seu sistema inmune.

Ten ácidos graxos poliinsaturados que son necesarios para o desenvolvemento da retina e do sistema nervioso central

Achega encimas de carácter dixestivo que axudan a que o bebé dixira o leite e o absorba con facilidade.

O contido en electrólitos está adaptado para o ril do bebé

Estase a estudar a relación que ten o consumo do leite materno coa menor incidencia sendo adultos de enfermidades como diabetes, obesidade ou problemas cardiovasculares.

Á parte das vantaxes nutricionais non podemos esquecer que as condicións hixiénicas e a temperatura do leite sempre son correctas e que a forma en que se colle ao peito, para succionar, inflúe no desenvolvemento da mandíbula e no mantemento dos dentes en posición adecuada

E por suposto, unha das razóns máis satisfactorias para as nais, é que contribúe a fomentar o vínculo psicoafectivo entre a nai e o bebé.