É a mellor opción para alimentalo, sempre que sexa posible, e en xeral pode cubrir el so as necesidades do bebé ata os seis meses. De feito contén a cantidade de proteínas, graxas, hidrato de carbono, vitamina e minerais que o bebé precisa, ademais de hormonas e encimas e é unha fonte importante de bacterias probióticas. Estas bacterias poden axudar na formación do sistema inmune do neno e coa acción combinada doutras substancias protexelo fronte a enfermidades infecciosas.

A lactación artificial é unha forma aceptable de alimentación do lactante cando a nai non pode ou non quere darlle o peito. A composición das fórmulas para lactantes foi deseñada de acordo coas recomendacións e normativas de comités de expertos en nutrición e seguindo unha estrita normativa para a súa elaboración. Ademais das fórmulas para bebés sans existen outras especiais para bebés con problemas concretos (p. ex. alerxia ás proteínas do leite de vaca ou intolerantes á lactosa)

As fórmulas de inicio obtéñense do leite de vaca sometido a un proceso industrial complexo para adaptalas á inmaturidade do lactante, deben cubrir por completo as necesidades do lactante san ata os 6 meses de idade, aínda que poden utilizarse ata os 12 meses, sempre que vaian acompañadas da alimentación complementaria.

As fórmulas de continuación teñen unha composición intermedia entre o leite de vaca e as fórmulas de inicio. A partir dos 4-6 meses, o lactante vai madurando progresivamente nos procesos de dixestión e absorción intestinal, na función de eliminación renal e xa non precisa un leite de fórmula de inicio que ten unha elaboración máis complicada e é máis custoso que o de continuación. Estes últimos teñen un contido proteico máis elevado e levan máis ferro que as fórmulas de inicio.