Para evitar estas infeccións alimentarias debemos seguir unha serie de recomendacións. De seguro que algunha de estas medidas xa as tomades mesmo sen estar embarazadas

-Lava ben a fondo froitas e verduras, evita deixalas a remollo para que non perdan nutrientes. Lavar ben as mans despois de manipular alimentos crus (igual que despois de ir ao baño, tocar un animal…)

-Limpa ben os utensilios de traballo na cociña.

-Cociña ben as carnes, pescados e ovos.

-O mesmo que o toxoplasma morre na conxelación, a listeria resiste moi ben o frío (destrúese ao cociñar). Por iso todas as semanas habería que limpar ben a neveira (con auga que leve lixivia).

-Envasa ben os alimentos fráxiles (carnes, pescados, pratos preparados) e ponos nas zonas máis frías da neveira.

-Garda os restos de alimentos cociñados, unha vez están fríos, na neveira e se non os consomes en 24 h, tíraos.

-Separa ben, na neveira, os alimentos crus dos cociñados.

-Revisa as datas de caducidade dos alimentos.

-No desconxeles os alimentos a temperatura ambiente senón na neveira.

-Non elabores salsas con alimentos crus, ovo, marisco, ovas de pescado, etc…