Existen moitos tópicos sobre o aumento de peso durante o embarazo. De seguro que máis dunha vez escoitaches a expresión: “hai que comer por dous”, “aumenta un quilo por mes” ou “depende da altura”. Pero o certo é que o aumento de peso na muller non é o mesmo durante todo o embarazo e de feito varía segundo a persoa.

¿Cantos quilos debo engordar?
O aumento de peso durante o embarazo non é de todo ascendente, digamos que depende da etapa na que nos achemos. É decir, non se engorda do mesmo xeito durante o primeiro, segundo ou terceiro trimestre de xestación.

Se o consideramos trimestralmente, a ganancia de peso para unha muller con peso prexestacional normal será:

Primeiro trimestre
0 – 12º semana: 0-1kg de incremento. Nesta primeira fase o aumento de peso é débil. Mesmo algunhas mulleres poden perder peso ao principio por mor das náuseas e os vómitos.

Segundo trimestre

13º- 24º semana: 3-4kg de incremento. O aumento de peso acelérase. É no transcurso do segundo trimestre cando as futuras nais senten máis fame ou os coñecidos antollos. Nesta etapa aconséllase non petiscar entre horas e fraccionar as comidas (catro ou cinco por día). No sexto mes, téñense que ter ganados seis quilos, non menos.

Terceiro trimestre

25º- 40º semana: 8kg de incremento. Admítese un aumento medio de un quilo por mes, e á fin do embarazo o peso ten que estar aumentado entre 9 e 12 quilos. Este aumento de peso convén perfectamente tanto á nai como ao bebé.

O ideal no embarazo é aumentar entre 9 e 12 quilos de peso cando se comeza cun peso normal. Se se comeza cun peso inferior ao ideal, o máis probable é que se aumenten uns quilos extra, e se se comeza con exceso de peso sería óptimo non aumentar máis de 9 quilos.

Os datos anteriores son indicativos, xa que todas as mulleres son diferentes. En calquera caso, o aconsellable é consultalo co teu doutor, que che realizará un seguimento máis personalizado.

Unha boa alimentación

Durante o embarazo é de suma importancia ter unha boa alimentación xa que o estado nutricional da muller embarazada afecta tanto ao embarazo como ao peso do neno ao nacer. Non é bo inxerir demasiada comida e ganar un peso excesivo. Certo é que o feto ten as súas necesidades (aínda máis canto máis avanzado estea o embarazo) e cómpre satisfacelas, pero para iso non son precisas as enchentes. O teu apetito regularase dun xeito natural en función da achega enerxética que precises.

No outro extremo, aquelas mulleres que estean algo obsesionadas co peso, non teñan una dieta axeitada e non engorden o que deberían, poderían pór en perigo o seu embarazo. Por iso, é indispensable manter unha alimentación equilibrada, sobre todo se antes de quedar embarazada non tiñas uns bos hábitos alimenticios.

A idea é comer máis variado. Aumenta a inxesta de froita e verdura, os lácteos de todo tipo, a carne ben pasada, o peixe, os cereais integrais… E evita os alimentos demasiado graxos e azucrados. O máis aconsellable sería comer pezas de froita entre horas, para calmar a sensación de fame e continuar cunha dieta saudable.

Lembra que o aumento de peso gradual durante todo o embarazo é o mellor indicio de que o teu bebé está a desenvolverse con normalidade e dará como resultado un neno san.