A época estival facilita ao tu bebé a descuberta de todo un mundo de estímulos externos. Xa sabemos que a súa curiosidade nunca se satisfará e sempre haberá algo novo que explorar, polo que de seguro se moverá máis do habitual. Por outra banda, a calor característica desta época fará que estea moi a gusto pero debemos tomar precaucións para que, entre a actividade e a temperatura, o pequerrecho se manteña hidratado.

Non te preocupes, a continuación facilitarémosche uns consellos moi doados de seguir e cos que afastaredes calquera perigo deste tipo.

Primeiro falaremos de produtos de hidratación. O primeiro que hai que ter en conta é que a súa pel non é igual á túa nin á de calquera adulto, polo tanto, debes usar produtos específicos para a súa idade. Os produtos para adultos poden ser moi agresivos para un bebé polo que non debes empregalos. Ademais, os específicos para nenos acostuman estar enriquecidos con outros compoñentes como áloe ou caléndula que potencia o seu efecto.

Unha boa idea é levar sempre contigo un vaporizador de auga por se a calor aperta. Ademais de provocarlle unha sensación inmediata de frescor, gustaralle se lle propós cada rega como un xogo.

Se vives nunha casa con terraza ou cun espazo exterior como un xardín monta unha pequena piscina inchable. Por suposto, fíxate en que sexa axeitada para a súa idade e non deixes nunca ao pequeno sen vixilancia cando a estea usando. Encantaralle xogar a chapuzar. Lembra protexer a súa cabeza dos raios do sol cun gorro ou situar a piscina baixo un toldo ou parasol.

Outro consello básico é, simplemente, que lle deas de beber con frecuencia ao longo do día. Trata de manter a casa fresca pechando as ventás e, se usas algún aparello de ventilación, procura que o aire frío non lle dea directamente ao teu bebé. Para que respire e se mova libremente podes quitarlle a roupa, deixándoo soamente co cueiro posto.

Aínda que xa tocamos o tema, insistimos pola súa importancia: moito coidado co sol. Se ides á praia evita as horas de máximo risco (entre as 12h e as 16 h aprox.), manteno sempre á sombra e utiliza crema protectora especial para a súa idade. Os seus ollos tamén son moi sensibles á luz solar polo que unhas gafas de sol son case obrigatorias. A súa cabeza sempre debe estar protexida por un gorro ou unha viseira.

Moita atención tamén ás viaxes no coche ou simplemente con mantelo dentro da seira, calquera dos dous se requentarán co sol e potenciarán a calor que xa hai fóra. Evita coller o coche e manteno todo o que poidas fóra do seu carriño.

E, para finalizar, só dicirche que apliques o sentido común. Sempre será mellor un paseo por un sitio fresco, polo que poderás aforrar desgustos, simplemente, elixindo previamente un lugar fresquiño para realizar os teus paseos.